As estudantes galegas unímonos á Folga Estudantil do 8 de marzo de 2019 para loitar contra o esquema educativo machista e patriarcal no que pasamos sumerxidas durante uns anos decisivos. O sistema educativo está estruturado de forma que as alumnas sofren a discriminación froito da sociedade patriarcal. Na escola pasamos os anos nos que comezamos a formar a nosa identidade e orientación sexual: quen somos, como nos relacionamos, que actitudes naturalizamos, que comportamentos lexitimamos socialmente e cales non.
Estes espazos seguen perpetuando os roles de xénero, os estereotipos e o amor romántico heterosexual como modelo único de relación afectivo-sexual. A educación que recibimos neste plano é escasa, cando non nula, e en calquera caso baseada no medo e non no pracer, reducíndonos a meros obxectos e facendo referencia a un único modelo, o heteronormativo. Todo isto sumado a que en Galiza a maioría dos centros non dispoñen dun protocolo de agresións machistas, nos que o hai, e é insuficiente e non nos protexe.
Á hora de acceder a estudos de FP ou á Universidade, as mulleres somos máis, pero é evidente a segregación horizontal existente á hora de elixir carreiras. Atopámonos así coas dedicadas principalmente aos coidados e as letras, totalmente feminizadas, e outras como as enxeñerías ou as ciencias experimentais, sen apenas representación feminina nas aulas.
Ademais disto, atopámonos con enormes dificultades sistemáticas á hora de acceder á docencia ou a postos de investigación, é dicir, a segregación vertical, evidenciándose de novo este teito de cristal. Por aportar algúns datos: o 60% das persoas graduadas polas universidades galegas son mulleres, o 22,8% son catedráticas, mentres que só o 2% ocupan cargos directivos nos centros de ensino. Isto é froito dun modelo hexemónico de relacións entre sexos como unha das principais características do patriarcado, traducíndose na explotación das mulleres.
Asemade, a presenza das mulleres na programación das materias é unha proba máis da invisibilización histórica que sufrimos. Somos conscientes da necesidades de recuperar a referentes nas nosas materias, sen embargo, as nosas demandas non poden quedar en meras reivindicacións parciais, senon totais.
Entendemos a necesidade de apostar por un ensino público coeducativo e respectuoso coa diversidade afectivo-sexual que nunca terá cabida nunha lei como a LOMCE. É por isto polo que é preciso dar o debate sobre o modelo educativo no que nos formamos. É preciso mudalo e avogar por unha educación:
Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política. ACEPTAR