En todo o país o feminismo galego prepara as mobilizacións do 8M que serán máis unha vez descentralizadas. Sob o lema “Nin escravas, nin heroínas, Mulleres con dereitos XA!” Galegas 8M comeza a organizar xuntanzas en todo o territorio para preparar as grandes mobilizacións do 8M. Se queres participar estate atenta ás redes de Galegas […]
Vai para catro anos que naceu Galegas 8M coa idea de replantexarnos o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Dende entón, tecimos unha tea feita de xuntanzas e actividades abertas, que hoxe en día chega a moitas cidades, vilas, aldeas e lugares do noso país. Fomos quen de harmonizar sinerxías e xuntar a múltiples e diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza. E desde o 2018, cada 8 de marzo, as rúas, estradas e corredoiras tremen. E o país enteiro tínxese de lilá elevando a voz do feminismo.
Dende Galegas 8M queremos denunciar publicamente o acontecido o domingo 8 de marzo de 2020 na cidade de Vigo ao dar inicio ás actividades programadas polo Día Internacional das Mulleres en base aos seguintes feitos: Tras realizar unha acción de rúa ás 12 horas en Urzaiz, á altura da Farola, varios axentes da policía […]
Porque o traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida. Hai tres anos xurdiu a idea de repensarmos o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos e a través de convocatorias e xuntanzas abertas en distintas cidades, vilas e aldeas de todo o país, diversos colectivos […]
Por acordo unánime de Galegas 8M a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín o domingo 1 de marzo. A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento […]
COMUNICADO DE GALEGAS 8M DE OURENSE ANTE A ACCIÓN REIVINDICATIVA DA NOITE DO 8 DE MARZO DE 2019 Dende Galegas 8M consideramos necesario redactar e publicar este comunicado con fin de aclarar o sucedido o 8 de Marzo en Ourense na acción desenvolvida no concerto da Praza do Correxidor logo de ler as declaracións dunha […]
‘Dende a Galiza. Ghastando pista. Cheghan as meigas feministas. Mulleres sen medo, salvaxes e bravas, das nosas vidas soberanas. Explotadas na cidade, explotadas no rural, Aquí están, As silenciadas por luitar e non calar. Pero aghora cheghou a hora e xuntas imos berrar, LUME! O noso é cousa nosa rapás. O mundo xira grazas ás […]
Este artigo foi remitido a Galegas8M por iniciativa individual e recolle as impresións e opinións da súa autora, que poden ou non coincidir coas da propia asemblea. Dende aquí, convidámosvos a todas a seguir este exemplo e a enviarnos as vosas opinións, relatos, experiencias… para a súa publicación neste espazo aberto. Autora: Laura Rodríguez Pena A […]
Os diferentes colectivos e individualidades feministas que formamos Galegas8m e que convocamos a manifestación nacional do 3 de Marzo en Lugo, así como as diversas mobilizacións nas localidades o propio día da Folga de Mulleres, condenamos todo tipo de agresións machistas, en calquera espazo, e tamén ás organizacións sociais e políticas que, en troques de […]
Hai moitas formas de participar na revolta feminista que estamos preparando para o 3 de marzo en Lugo e para o 8 de marzo nas cidades e vilas da nosa terra. Queres botar unha man dunha forma sinxela e creativa? Pois atenta, compañeira, porque lanzamos a campaña de apoios en redes sociais para este 2019. […]