Info básica para as manifestacións locais deste 8m do 2021

 

As manifestacións e concentracións véñense sucedendo nos últimos meses, porque hai pandemia, pero tamén hai loitas que deben seguir tendo voz. Chamamos á mobilización
organizada e a encher as rúas de reivindicación dende todos os lugares do país. Folga de 24h en todos os eixos que rexen as nosas vidas.

Desta volta decidimos non facer a manifestación nacional do feminismo galego, por motivos evidentes, mais manteremos o espírito combativo enchendo as rúas de cada lugar,
da parroquia á cidade, para que non quede ningunha sen expresar a súa voz.

 

Alentamos a todas as mulleres a acudir ás mobilizacións e a encher a rúa de reivindicación polos nosos dereitos organizándonos en columnas, tendo sempre moi presente o uso da máscara, a importancia de ter clara a referencia da persoa que vai diante nosa e aos nosos lados.

Con esas referencias confiamos nun desenvolvemento completamente normal. Os nosos dereitos non poden seguir aforcados e encher o espazo público é unha resposta clara e necesaria.

Ademais de, como cada ano, exiximos que se respecte o espazo non mixto de mulleres na cabeza da manifestación ou concentración. Os homes que queiran apoiar que o fagan dende o seu lugar, non protagonizando.

Descarga o dossier de prensa para ter toda a info xunta e a man nun só arquivo.

Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política. ACEPTAR

Aviso de cookies
Facebook
Twitter
Instagram