Manifestación Nacional en Verín o
1 de marzo de 2020
Galegas 8 M organiza a gran mobilización nacional de 2020 en Verín. Unha xornada de loita e reivindicación que comezará ás 12h e rematará cunha foliada feminista na Praza Maior da Vila. Infórmate do transporte dende a túa comarca e ven con nós a Verín!!
Visibilizar ante a sociedade a necesidade de romper coa lóxica de consumo capitalista que reforza o sistema e por tanto a posición de desigualdade das mulleres no mesmo.
A vida no centro
Visibilizar ante a sociedade mas tamén no entorno familiar todo o traballo de coidados que as mulleres realizamos a diario as mulleres sostendo a vida familiar e comunitaria.
Territorio
Visibilizar a defensa do territorio e o seu coidado como un eixo fundamental para a reproducción da vida. A aposta pola defensa da natureza e a construcción dun futuro sostible para a vida de todes.
Neste enlace podes atopar todos os materiais da folga de mulleres e das convocatorias locais
Galegas 8 M constrúese entre todas, se aínda non fas parte deste proceso colectivo non dubides en contactar con nós.
A Asemblea Galegas 8M xorde da necesidade de repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal. Con estes obxectivos, e a través de convocatorias e xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país, diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos a rede.
Non dubides en deixarnos as túas preguntas enchendo este formulario, a través das nosas redes sociais ou ben enviando un correo a 8m2018gal@gmail.com
Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.
ACEPTAR