III Asemblea de Galegas8M cara ao #3m2019

Círculo Recreativo Cultural. Andar nº2 (Chantada)
Sábado 2 de febreiro ás 10h

O ritmo e a cabeza non paran!! Despois da frutífera xuntanza da Asemblea Xeral de Galegas8m o pasado decembro en Allariz, temos xa unha nova cita para continuar traballando na organización da manifestación unitaria do 3 de marzo en Lugo e tamén na Folga de Mulleres do propio #8m2019.

Cos grupos traballando arreo tanto por temas (Transporte, Infraestrutura, Autodefensa, Comunicación, Contidos, Deseño….) como por comarcas e localidades, seguro que temos moito que pór en común. Así que non faltes, compañeira! Pasa a voz, cóntallo a tua veciña, amiga, irmá, compa de traballo…

A reunión é aberta a todas as mulleres que quieran participar, así que anímate, entre todas construiremos o #8m que queremos