O día 8 de Marzo, os homes asalariados deberán acudir aos centros de traballo para colaborar coas mulleres para que vaian á folga e coas mobilizacións que se convoquen durante a xornada, ficando o protagonismo en exclusiva ás mulleres tanto na axitación previa do 8 como no desenvolvemento da convocatoria o propio día.
A participación que as mulleres demandamos aos homes nesta xornada
Realizar as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día, evitando que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Asumindo a sobrecarga e a dupla ou tripla xornada que habitualmente realizamos as mulleres. Non fai falla ter lazos familiares para realizar estas tarefas, tamén tes amigas, compañeiras de traballo e veciñas.
Difundir e apoiar as convocatorias de Folga e mobilizacións.
NON facer Folga nen paros.
Facilitar que as mulleres acudan á Folga.
Visibilizar a Folga de Mulleres nos postos de traballo.
Aportar económicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar ás compañeiras que vaian á folga.
Dar todo o protagonismo nos espazos públicos e privados ás mulleres, acompañando a loita feminista neste 8M.
Esta web emprega cookies. Podes ver aqui a política de privacidade. Se continuas navegando aceptas esta política.
ACEPTAR