Comunicado Galegas8M

COMUNICADO DE GALEGAS 8M DE OURENSE ANTE A ACCIÓN REIVINDICATIVA DA NOITE DO 8 DE MARZO DE 2019

Dende Galegas 8M consideramos necesario redactar e publicar este comunicado con fin de aclarar o sucedido o 8 de Marzo en Ourense na acción desenvolvida no concerto da Praza do Correxidor logo de ler as declaracións dunha das músicas contratadas para ese concerto publicadas no xornal local “La Región” de Ourense e en “Sermos Galiza”.


Ante a iniciativa da Concellería de Igualdade de Ourense de organizar unha serie de concertos subvencionados pola Concellería de Cultura ás 22:30 horas do 8 de Marzo, a asemblea de traballo de Galegas 8M de Ourense decidiu, por unanimidade, desenvolver unha acción despois da manifestación convocada para expresar a nosa desconformidade con este tipo de actos nun día de reivindicación como é o día das mulleres.

Como colectivo, como ourensás e como mulleres consideramos imprescindíbel visibilizar as problemáticas da cidade  en materia de igualdade e ese era o obxectivo da nosa acción, planificada e acordada pola organización de Galegas 8M Ourense, e ante a confusión que xeraron os artigos publicados, consideramos acaido explicar como se desenvolveron os feitos a noite do 8 de Marzo e deixar clara a finalidade e intención da nosa actuación.

Ás 22.30h entramos na praza do Correxidor con parte da batukada feminista e unha faixa na que se podía ler “O Partido Popular paga concertos e pecha a casa de acollida, desmantela a igualdade, quere derrogar a lei do aborto” para pendurala da varanda da praza. Permanecimos na praza até as 23.25 horas coreando consignas de protesta contra a política de igualdade do Concello de Ourense, por todas e cada unha das prácticas que durante o ano teñen lesionado a política de protección e defensa das mulleres da nosa cidade. Como xa ten expresado o movemento feminista en Ourense noutras ocasións, o 8 de marzo non pode servirlle a gobernos, contrarios aos intereses das mulleres, para facer un lavado de cara.

En Ourense, tal como explicamos a través dun megáfono na propia praza de forma que todas as presentes comprendesen as nosas motivacións, estase padecendo a nefasta xestión por parte da Concellería e de todo o conxunto do goberno en temas de Igualdade, asistencia e cobertura social. Estas son as denuncias que a noite do 8 de marzo se comunicaron:

  • Abandonan ás mulleres vítimas de violencia machista xa que non queren xestionar a casa de acollida, recurso que ao parecer carece de interese para o goberno de Ourense.
  • Sobrecargan de competencias o xa pouco dotado (carece de educadora e traballadora social) Centro de Información Municipal á Muller, sen aumentar a súa plantilla e diluíndo o sentido mesmo de atención ás mulleres. A isto colaborou o decreto da Xunta que inclúe responsabilidades respecto ao colectivo LGTB ou a xuventude sen incrementar a dotación orzamentaria.
  • Suprimen o programa Coeduca, (educación familiar en igualdade e conciliación familiar dirixido a menores de idade) en vigor dende o ano 2012.
  • Suprimen o programa Nexus de prevención de violencia de xénero e recupérano de xeito precario sobrecargando o traballo de quen o desenvolve.
  • Suprimen o programa Agarimos de prevención dirixido principalmente a institutos.
  • Suprimen as Aulas de igualdade dirixidas á xente adulta.
  • Eliminan a edición,  publicación e distribución gratuita dos “Cadernos de Igualdade”.
  • Retíranse da colaboración e financiación do festival de Voces Femeninas.
  • Conceden o Premio Clara Campoamor por primeira vez a un home.
  • Subvencionan un periódico que publica frecuentemente artigos claramente misóxenos desoíndo as continuas protestas que se fan no Consello Municipal de Igualdade ao respecto dende o ano 2016.
  • Manipulan os programas do Concello tanto en torno ao 25N como ao 8M. Seguimos escandalizadas porque substituíran a programación do 8M por zumba e aquagym no ano 2018.
  • Non ofertan obradoiros específicos para mulleres embarazadas dende a Concellería de Igualdade.
  • No ano 2018 fan pública a súa posición respecto á folga do 8M de xeito tan
    desastroso e vergoñento que logran que sexa emitida a nivel estatal como exemplo de ignorancia e incapacidade política.
  • Publican unha proposta de RPT para o Concello con linguaxe sexista e onde a Concellería de Igualdade perde a súa autonomía pasando a depender de Saúde.

Ante este claro desmantelamento das políticas sociais en materia de igualdade, o desinterese e a ineptitude dun goberno que abandona as mulleres no seu conxunto pero en especial as que se atopan en situación de vulnerabilidade, como colectivo feminista implicado na loita pola mellora da vida das mulleres, denunciamos o gasto de orzamento público nun acto que como citamos anteriormente, tiña a finalidade de facer un “lavado de cara” desta institución cara a cidadanía ourensá.

Por iso, estamos enormemente sorprendidas ante as acusacións que se verten contra nós por parte dunha integrante dos colectivos contratados para este concerto pois en todo momento deixamos claro que a nosa crítica é contra as políticas do Concello e e en ningún caso contra as artistas e os grupos, moitos deles propostos por nós nalgunhas ocasións para que foran contratadas para actos.

Vémonos na obriga de dar resposta as graves acusacións de agresións e o sinalamento de compañeiras e a publicación dos seus nomes nos medios, coa única intención de mancar. Eramos un centenar mulleres as que a noite do 8 de marzo desenvolvimos a acción e estamos orgullosas de ter denunciado as inxustizas que vivimos en Ourense.

A nosa acción e a xente que nela participou, abandonou a Praza ás 23.25 horas, momento no que se podía ter retomado o concerto. Sabemos que a previsión de duración sobrepasaba amplamente ese horario, descoñecemos os motivos que levaron á súa cancelación, algo que terá que explicar en todo caso a organización do mesmo; mais aclaramos isto para rexeitar ás acusacións de agresións e de ataques ao movemento cultural ou o mundo ca cultura.

As mulleres organizadas en Galegas 8M reafirmámonos na acción levada a cabo pola necesidade de denunciar as políticas agresivas da dereita e o noso apoio ás mulleres sinaladas nas últimas horas, porque a planificación e realización da acción foi previamente debatida e consensuada pola asemblea da organización do 8M en Ourense e todas as que tomamos parte queremos que quede claro. Ademais demandamos a retirada do comunicado no que se sinala a compañeiras e unha desculpa ante as calumnias que se verteron sobre nós.

Faixa colgada por Galegas8m Ourense.

Listado de mulleres que apoian o comunicado:

  1. Rocío Vázquez López
  2. Sabela Pérez Martín
  3. Marìa González Rodrìguez
  4. Maite Lorbada Pontón
  5. Anxos Espiño Fornos
  6. Beatriz Fernández da Costa
  7. Manuela Estévez Álvarez
  8. Marta Pérez González
  9. Antía Pousa Pérez
  10. Koldobike Hurtado Jiménez
  11. Rebeca Domínguez Malingre
  12. Maria Consuelo Curràs González
  13. Paula Alonso Rivera
  14. Eva López González
  15. Paula Rodríguez Rivera
  16. Maria Dolores García Duarte
  17. Sara Outeiriño Paula
  18. Marina Lía Vieytes Echeverría
  19. Sonia Albor Gómez
  20. Xulia Paz Fernández
  21. Sandra Dacal Pérez
  22. Jasmìn Do Carmo Pereira Nòvoa
  23. Patricia Ordóñez Rey
  24. Carmen Salvadores Cobas
  25. Antonella Rodríguez Acos
  26. Raquel Noguerol Sánchez
  27. Patricia Soto Álvarez
  28. Marta Morán González
  29. Clara Martinez de Tejada
  30. Luana Patricia Monteiro Cardoso
  31. Anxela Crespo Fernändez
  32. María de los Milagros Cortęs Nogueiras
  33. Maria Eugénia Alvarez Real
  34. Marina Gomes Fonseca
  35. Miriam Moro
  36. María Álvarez García
  37. Lola Serrano Rodríguez
  38. Diana Pérez Santiago
  39. Yolanda Seijas Mojón
  40. Rosa Bande Núñez
  41. Inés Cortés Santos.
  42. Georgina Olivera Piperno
  43. Maria Puga Fidalgo
  44. Beatriz Pérez Fernández
  45. Silvia Pardo Galdo
  46. Andrea Lorenzo
  47. Nadja L.G. Conde
  48. Rosa Maria Feijoo Rivero
  49. Juana Maria Santos Sampedro
  50. P. Xácia Ceive
  51. Ester Mariño Costales
  52. María Maneiro Mayo
  53. Nerea Conde Seguín
  54. Cristy Shedimar Tojo Velasco
  55. Sofía Vázquez Fernández
  56. Raquel López Doce
  57. Diana Rei Martín
  58. Mara Villar Díaz
  59. Carmen Celis Álvarez
  60. Marta Rodríguez Álvarez
  61. María Belén Rosbier Gómez
  62. Judit Rodríguez Caride
  63. Sonia María Álvarez Feijoó
  64. Helena Rodríguez Álvarez
  65. Fatima Rodriguez Piña
  66. Maria Xosé Vázquez
  67. Alicia Ares Villar
  68. Cristina Blanco Cardoso
  69. María José Conde Seguín
  70. Sílvia Pinha González
  71. Mónica Núñez Búa
  72. Lucía Ordóñez Pérez
  73. Maria do Carme Miguez Novoa
  74. Carla González Moure
  75. Laura Valencia Sotelo
  76. Lorena Negreira Lòpez
  77. Helga Méndez García
  78. Iria de Dios Flores
  79. Laura Álvarez Paz
  80. Uxía Garcia de Buciños y Nóvoa
  81. Ruth Labad Díaz
  82. Begoña González González
  83. Teresa Veiga Lopez
  84. Andrea Cid Otero
  85. Sonia Couso Fernández
  86. Araceli Manso Corrales
  87. María Áurea Goitia Varela
  88. Eva Mª García García
  89. Uxía Pérez
  90. Natividad P. Montalbán
  91. Raquel Fernández Rodríguez
  92. Ieda Marques Miguez
  93. Tania Bouzo Fernández
  94. Almudena González Fernández
  95. Marisela González Ataide
  96. Rita María Pérez García
  97. Mª Dolores Rodríguez López
  98. Xiana Pérez Martín
  99. Antía Acción Veiga
  100. Lourdes Nuñez Rodriguez
  101. Rosa María Conde Seguín
  102. Celsa Perdiz Alvarez
  103. Paula Tabuyo Brioso
  104. M. Carmen Martínez Rdgz.
  105. Alba Grande Vázquez
  106. Raquel Fernández Parada
  107. Rosalía Àlvarez Fariñas
  108. Laura Vázquez Prieto
  109. Lucia Freire Ces
  110. Patricia Bouzo Fernández
  111. Natalia Moure López
  112. Margarita Martín Rodríguez
  113. Noemí González Pérez
  114. Teresa Pazos Huete
  115. Raquel González Vázquez
  116. Ana Pérez Cardoso
  117. Cristina Arias Noia
  118. Paula Gómez Justo
  119. Ánxela González Fernández
  120. Pilar Canosa Carballo
  121. Cristal Caride da Silva
  122. Carmen Díez Rivera
  123. Sabela Fraga Costa
  124. Uxía Guisande Rivas
  125. M Luísa Varela Nogueiras
  126. Silvia González Rodríguez
  127. Manuela Casal Domínguez
  128. Iolanda Galego Peres
  129. Raquel Pérez Fernández
  130. Eva Fernández González
  131. MªMercedes Comesaña Novoa
  132. Berta Vega Villaamil
  133. Marta Varela Fernández
  134. Rebeca Martínez Gándara
  135. Mónica Amado Branc
  136. Mar Fernández Cendón
  137. Àngela Fraga María
  138. Cristina Asenjo Rodríguez
  139. Marsé Rodríguez Fierro
  140. Beatriz Miranda Borrajo
  141. Estela Pedrares Vila
  142. María del Carmen Otero Castuera
  143. Alexa Solla Cabral
  144. Iolanda Fernández Rivas
  145. Margarida Corral Sánchez
  146. Antia Balseiro Quelle
  147. Manuela Castro López
  148. Encarnación Martinez Collazo
  149. María Gómez Durán
  150. Lucia Canoura Sánchez
  151. Lola Ferreiro Díaz
  152. Isaura Barciela Varela
  153. Mercedes Teijeiro Gato
  154. Elena Fernández Montes
  155. Xiana Rodil Fernández
  156. Ana Amat Casariego
  157. Aldara Suárez García
  158. Eva Salgado Rodríguez
  159. Patricia Vázquez Castro
  160. María Isabel Parra Rodríguez
  161. María de Pilar López Filardi
  162. Silvia Soriano Sánchez
  163. Patricia Molle Fernández
  164. Patricia Laso Ribao
  165. María José Rodríguez Montero
  166. María Teresa Padrón García
  167. Rousa Santorum Paz
  168. Iris Justo Rodríguez
  169. Reis Rodríguez Dopazo
  170. Concha Alonso Febrero
  171. Eva Losada Fernández
  172. Sara Prieto Dominguez
  173. Patricia Laso Ribao
  174. Neky López Taboada
  175. Rebeca Raso Prazeres
  176. Cristina Lestegás Peres
  177. Pía Outeiriño Calle
  178. Paula Ferreiro Pena
  179. Carolina Castro Baamonde
  180. Rosa María Fernández Muñoz
  181. Sandra Otero Lois
  182. Diana Rey
  183. Mariola Mourelo
  184. Rita Carreira
  185. Macarena Rodríguez
  186. Eva María Piñeiro Nunes
  187. Raquel Fernández Jorge
  188. Beatriz Teijeira Márquez.
  189. Carmela Iglesias Villamor
  190. Amparo González Manso
  191. Rosa María Souto Rodríguez
  192. María Loira López
  193. Ana Bringas López
  194. María Celina Ramos Álvarez
  195. Leticia Bernal Espiño
  196. Maria Ferreiro Santos
  197. Iria Calvelo Pumar
  198. Elena Ansia
  199. nxela Vázquez Fernández
  200. Leticia González Mosquera
  201. Aura Soriano Vila
  202. Giada María Barcelona
  203. Leticia Castro Torres
  204. Elena Díaz Fernández
  205. Natalia Gonzalez Devesa
  206. Paula López Núñez
  207. Amelia Blanco Lombardero
  208. Tareixa Pereiro García
  209. Alicia Ares Vilar
  210. Mónica Bernárdez Domínguez
  211. Ana Veira García
  212. Laura Varela Rodriguez
  213. Araceli Gallego Blanco

Se queres sumar o teu apoio escribe a galegas8mou@gmail.com.