Comunicado Galegas8M
COMUNICADO DE GALEGAS 8M DE OURENSE ANTE A ACCIÓN REIVINDICATIVA DA NOITE DO 8 DE MARZO DE 2019
Dende Galegas 8M consideramos necesario redactar e publicar este comunicado con fin de aclarar o sucedido o 8 de Marzo en Ourense na acción desenvolvida no concerto da Praza do Correxidor logo de ler as declaracións dunha das músicas contratadas para ese concerto publicadas no xornal local “La Región” de Ourense e en “Sermos Galiza”.
Ante a iniciativa da Concellería de Igualdade de Ourense de organizar unha serie de concertos subvencionados pola Concellería de Cultura ás 22:30 horas do 8 de Marzo, a asemblea de traballo de Galegas 8M de Ourense decidiu, por unanimidade, desenvolver unha acción despois da manifestación convocada para expresar a nosa desconformidade con este tipo de actos nun día de reivindicación como é o día das mulleres.
Como colectivo, como ourensás e como mulleres consideramos imprescindíbel visibilizar as problemáticas da cidade en materia de igualdade e ese era o obxectivo da nosa acción, planificada e acordada pola organización de Galegas 8M Ourense, e ante a confusión que xeraron os artigos publicados, consideramos acaido explicar como se desenvolveron os feitos a noite do 8 de Marzo e deixar clara a finalidade e intención da nosa actuación.
Ás 22.30h entramos na praza do Correxidor con parte da batukada feminista e unha faixa na que se podía ler “O Partido Popular paga concertos e pecha a casa de acollida, desmantela a igualdade, quere derrogar a lei do aborto” para pendurala da varanda da praza. Permanecimos na praza até as 23.25 horas coreando consignas de protesta contra a política de igualdade do Concello de Ourense, por todas e cada unha das prácticas que durante o ano teñen lesionado a política de protección e defensa das mulleres da nosa cidade. Como xa ten expresado o movemento feminista en Ourense noutras ocasións, o 8 de marzo non pode servirlle a gobernos, contrarios aos intereses das mulleres, para facer un lavado de cara.
En Ourense, tal como explicamos a través dun megáfono na propia praza de forma que todas as presentes comprendesen as nosas motivacións, estase padecendo a nefasta xestión por parte da Concellería e de todo o conxunto do goberno en temas de Igualdade, asistencia e cobertura social. Estas son as denuncias que a noite do 8 de marzo se comunicaron:
- Abandonan ás mulleres vítimas de violencia machista xa que non queren xestionar a casa de acollida, recurso que ao parecer carece de interese para o goberno de Ourense.
- Sobrecargan de competencias o xa pouco dotado (carece de educadora e traballadora social) Centro de Información Municipal á Muller, sen aumentar a súa plantilla e diluíndo o sentido mesmo de atención ás mulleres. A isto colaborou o decreto da Xunta que inclúe responsabilidades respecto ao colectivo LGTB ou a xuventude sen incrementar a dotación orzamentaria.
- Suprimen o programa Coeduca, (educación familiar en igualdade e conciliación familiar dirixido a menores de idade) en vigor dende o ano 2012.
- Suprimen o programa Nexus de prevención de violencia de xénero e recupérano de xeito precario sobrecargando o traballo de quen o desenvolve.
- Suprimen o programa Agarimos de prevención dirixido principalmente a institutos.
- Suprimen as Aulas de igualdade dirixidas á xente adulta.
- Eliminan a edición, publicación e distribución gratuita dos “Cadernos de Igualdade”.
- Retíranse da colaboración e financiación do festival de Voces Femeninas.
- Conceden o Premio Clara Campoamor por primeira vez a un home.
- Subvencionan un periódico que publica frecuentemente artigos claramente misóxenos desoíndo as continuas protestas que se fan no Consello Municipal de Igualdade ao respecto dende o ano 2016.
- Manipulan os programas do Concello tanto en torno ao 25N como ao 8M. Seguimos escandalizadas porque substituíran a programación do 8M por zumba e aquagym no ano 2018.
- Non ofertan obradoiros específicos para mulleres embarazadas dende a Concellería de Igualdade.
- No ano 2018 fan pública a súa posición respecto á folga do 8M de xeito tan
desastroso e vergoñento que logran que sexa emitida a nivel estatal como exemplo de ignorancia e incapacidade política. - Publican unha proposta de RPT para o Concello con linguaxe sexista e onde a Concellería de Igualdade perde a súa autonomía pasando a depender de Saúde.
Ante este claro desmantelamento das políticas sociais en materia de igualdade, o desinterese e a ineptitude dun goberno que abandona as mulleres no seu conxunto pero en especial as que se atopan en situación de vulnerabilidade, como colectivo feminista implicado na loita pola mellora da vida das mulleres, denunciamos o gasto de orzamento público nun acto que como citamos anteriormente, tiña a finalidade de facer un “lavado de cara” desta institución cara a cidadanía ourensá.
Por iso, estamos enormemente sorprendidas ante as acusacións que se verten contra nós por parte dunha integrante dos colectivos contratados para este concerto pois en todo momento deixamos claro que a nosa crítica é contra as políticas do Concello e e en ningún caso contra as artistas e os grupos, moitos deles propostos por nós nalgunhas ocasións para que foran contratadas para actos.
Vémonos na obriga de dar resposta as graves acusacións de agresións e o sinalamento de compañeiras e a publicación dos seus nomes nos medios, coa única intención de mancar. Eramos un centenar mulleres as que a noite do 8 de marzo desenvolvimos a acción e estamos orgullosas de ter denunciado as inxustizas que vivimos en Ourense.
A nosa acción e a xente que nela participou, abandonou a Praza ás 23.25 horas, momento no que se podía ter retomado o concerto. Sabemos que a previsión de duración sobrepasaba amplamente ese horario, descoñecemos os motivos que levaron á súa cancelación, algo que terá que explicar en todo caso a organización do mesmo; mais aclaramos isto para rexeitar ás acusacións de agresións e de ataques ao movemento cultural ou o mundo ca cultura.
As mulleres organizadas en Galegas 8M reafirmámonos na acción levada a cabo pola necesidade de denunciar as políticas agresivas da dereita e o noso apoio ás mulleres sinaladas nas últimas horas, porque a planificación e realización da acción foi previamente debatida e consensuada pola asemblea da organización do 8M en Ourense e todas as que tomamos parte queremos que quede claro. Ademais demandamos a retirada do comunicado no que se sinala a compañeiras e unha desculpa ante as calumnias que se verteron sobre nós.
Listado de mulleres que apoian o comunicado:
- Rocío Vázquez López
- Sabela Pérez Martín
- Marìa González Rodrìguez
- Maite Lorbada Pontón
- Anxos Espiño Fornos
- Beatriz Fernández da Costa
- Manuela Estévez Álvarez
- Marta Pérez González
- Antía Pousa Pérez
- Koldobike Hurtado Jiménez
- Rebeca Domínguez Malingre
- Maria Consuelo Curràs González
- Paula Alonso Rivera
- Eva López González
- Paula Rodríguez Rivera
- Maria Dolores García Duarte
- Sara Outeiriño Paula
- Marina Lía Vieytes Echeverría
- Sonia Albor Gómez
- Xulia Paz Fernández
- Sandra Dacal Pérez
- Jasmìn Do Carmo Pereira Nòvoa
- Patricia Ordóñez Rey
- Carmen Salvadores Cobas
- Antonella Rodríguez Acos
- Raquel Noguerol Sánchez
- Patricia Soto Álvarez
- Marta Morán González
- Clara Martinez de Tejada
- Luana Patricia Monteiro Cardoso
- Anxela Crespo Fernändez
- María de los Milagros Cortęs Nogueiras
- Maria Eugénia Alvarez Real
- Marina Gomes Fonseca
- Miriam Moro
- María Álvarez García
- Lola Serrano Rodríguez
- Diana Pérez Santiago
- Yolanda Seijas Mojón
- Rosa Bande Núñez
- Inés Cortés Santos.
- Georgina Olivera Piperno
- Maria Puga Fidalgo
- Beatriz Pérez Fernández
- Silvia Pardo Galdo
- Andrea Lorenzo
- Nadja L.G. Conde
- Rosa Maria Feijoo Rivero
- Juana Maria Santos Sampedro
- P. Xácia Ceive
- Ester Mariño Costales
- María Maneiro Mayo
- Nerea Conde Seguín
- Cristy Shedimar Tojo Velasco
- Sofía Vázquez Fernández
- Raquel López Doce
- Diana Rei Martín
- Mara Villar Díaz
- Carmen Celis Álvarez
- Marta Rodríguez Álvarez
- María Belén Rosbier Gómez
- Judit Rodríguez Caride
- Sonia María Álvarez Feijoó
- Helena Rodríguez Álvarez
- Fatima Rodriguez Piña
- Maria Xosé Vázquez
- Alicia Ares Villar
- Cristina Blanco Cardoso
- María José Conde Seguín
- Sílvia Pinha González
- Mónica Núñez Búa
- Lucía Ordóñez Pérez
- Maria do Carme Miguez Novoa
- Carla González Moure
- Laura Valencia Sotelo
- Lorena Negreira Lòpez
- Helga Méndez García
- Iria de Dios Flores
- Laura Álvarez Paz
- Uxía Garcia de Buciños y Nóvoa
- Ruth Labad Díaz
- Begoña González González
- Teresa Veiga Lopez
- Andrea Cid Otero
- Sonia Couso Fernández
- Araceli Manso Corrales
- María Áurea Goitia Varela
- Eva Mª García García
- Uxía Pérez
- Natividad P. Montalbán
- Raquel Fernández Rodríguez
- Ieda Marques Miguez
- Tania Bouzo Fernández
- Almudena González Fernández
- Marisela González Ataide
- Rita María Pérez García
- Mª Dolores Rodríguez López
- Xiana Pérez Martín
- Antía Acción Veiga
- Lourdes Nuñez Rodriguez
- Rosa María Conde Seguín
- Celsa Perdiz Alvarez
- Paula Tabuyo Brioso
- M. Carmen Martínez Rdgz.
- Alba Grande Vázquez
- Raquel Fernández Parada
- Rosalía Àlvarez Fariñas
- Laura Vázquez Prieto
- Lucia Freire Ces
- Patricia Bouzo Fernández
- Natalia Moure López
- Margarita Martín Rodríguez
- Noemí González Pérez
- Teresa Pazos Huete
- Raquel González Vázquez
- Ana Pérez Cardoso
- Cristina Arias Noia
- Paula Gómez Justo
- Ánxela González Fernández
- Pilar Canosa Carballo
- Cristal Caride da Silva
- Carmen Díez Rivera
- Sabela Fraga Costa
- Uxía Guisande Rivas
- M Luísa Varela Nogueiras
- Silvia González Rodríguez
- Manuela Casal Domínguez
- Iolanda Galego Peres
- Raquel Pérez Fernández
- Eva Fernández González
- MªMercedes Comesaña Novoa
- Berta Vega Villaamil
- Marta Varela Fernández
- Rebeca Martínez Gándara
- Mónica Amado Branc
- Mar Fernández Cendón
- Àngela Fraga María
- Cristina Asenjo Rodríguez
- Marsé Rodríguez Fierro
- Beatriz Miranda Borrajo
- Estela Pedrares Vila
- María del Carmen Otero Castuera
- Alexa Solla Cabral
- Iolanda Fernández Rivas
- Margarida Corral Sánchez
- Antia Balseiro Quelle
- Manuela Castro López
- Encarnación Martinez Collazo
- María Gómez Durán
- Lucia Canoura Sánchez
- Lola Ferreiro Díaz
- Isaura Barciela Varela
- Mercedes Teijeiro Gato
- Elena Fernández Montes
- Xiana Rodil Fernández
- Ana Amat Casariego
- Aldara Suárez García
- Eva Salgado Rodríguez
- Patricia Vázquez Castro
- María Isabel Parra Rodríguez
- María de Pilar López Filardi
- Silvia Soriano Sánchez
- Patricia Molle Fernández
- Patricia Laso Ribao
- María José Rodríguez Montero
- María Teresa Padrón García
- Rousa Santorum Paz
- Iris Justo Rodríguez
- Reis Rodríguez Dopazo
- Concha Alonso Febrero
- Eva Losada Fernández
- Sara Prieto Dominguez
- Patricia Laso Ribao
- Neky López Taboada
- Rebeca Raso Prazeres
- Cristina Lestegás Peres
- Pía Outeiriño Calle
- Paula Ferreiro Pena
- Carolina Castro Baamonde
- Rosa María Fernández Muñoz
- Sandra Otero Lois
- Diana Rey
- Mariola Mourelo
- Rita Carreira
- Macarena Rodríguez
- Eva María Piñeiro Nunes
- Raquel Fernández Jorge
- Beatriz Teijeira Márquez.
- Carmela Iglesias Villamor
- Amparo González Manso
- Rosa María Souto Rodríguez
- María Loira López
- Ana Bringas López
- María Celina Ramos Álvarez
- Leticia Bernal Espiño
- Maria Ferreiro Santos
- Iria Calvelo Pumar
- Elena Ansia
- nxela Vázquez Fernández
- Leticia González Mosquera
- Aura Soriano Vila
- Giada María Barcelona
- Leticia Castro Torres
- Elena Díaz Fernández
- Natalia Gonzalez Devesa
- Paula López Núñez
- Amelia Blanco Lombardero
- Tareixa Pereiro García
- Alicia Ares Vilar
- Mónica Bernárdez Domínguez
- Ana Veira García
- Laura Varela Rodriguez
- Araceli Gallego Blanco
Se queres sumar o teu apoio escribe a galegas8mou@gmail.com.