CAMIÑANDO CARA O 8M DE 2020: A MANIFESTACIÓN NACIONAL SERÁ EN VERÍN

Por acordo unánime de Galegas 8M a manifestación nacional previa ao 8M de 2020 será en Verín o domingo 1 de marzo. A loita en Verín polo peche do paridoiro representa a loita pola dignificación dos coidados, dos dereitos sexuais e reprodutivos, dos servizos públicos; a loita contra a dispersión da poboación e o despoboamento do rural, e contra a violencia obstétrica.

É unha loita pola vida.

Foto do primeiro encontro preparatorio de Galegas 8M 2020 en Ourense: