Arranca o 8M de 2022

En todo o país o feminismo galego prepara as mobilizacións do 8M que serán máis unha vez descentralizadas. Sob o lema “Nin escravas, nin heroínas, Mulleres con dereitos XA!” Galegas 8M comeza a organizar xuntanzas en todo o territorio para preparar as grandes mobilizacións do 8M. Se queres participar estate atenta ás redes de Galegas […]

Comunicado Galegas8M

COMUNICADO DE GALEGAS 8M DE OURENSE ANTE A ACCIÓN REIVINDICATIVA DA NOITE DO 8 DE MARZO DE 2019 Dende Galegas 8M consideramos necesario redactar e publicar este comunicado con fin de aclarar o sucedido o 8 de Marzo en Ourense na acción desenvolvida no concerto da Praza do Correxidor logo de ler as declaracións dunha […]

O 4M fun a Vigo, o 3m vou a Lugo: sobran os motivos!

4m fun a vigo 3m vou a lugo

Este artigo foi remitido a Galegas8M por iniciativa individual e recolle as impresións e opinións da súa autora, que poden ou non coincidir coas da propia asemblea. Dende aquí, convidámosvos a todas a seguir este exemplo e a enviarnos as vosas opinións, relatos, experiencias… para a súa publicación neste espazo aberto.  Autora: Laura Rodríguez Pena A […]

Ante a presenza de agresores e organizacións cómplices no #3MVouALugo

Os diferentes colectivos e individualidades feministas que formamos Galegas8m e que convocamos a manifestación nacional do 3 de Marzo en Lugo, así como as diversas mobilizacións nas localidades o propio día da Folga de Mulleres, condenamos todo tipo de agresións machistas, en calquera espazo, e tamén ás organizacións sociais e políticas que, en troques de […]

Campaña de apoios 2019: desata a túa creatividade feminista!

campaña apoios 2019

Hai moitas formas de participar na revolta feminista que estamos preparando para o 3 de marzo en Lugo e para o 8 de marzo nas cidades e vilas da nosa terra. Queres botar unha man dunha forma sinxela e creativa? Pois atenta, compañeira, porque lanzamos a campaña de apoios en redes sociais para este 2019.  […]

LUGO convertirase na capital do feminismo galego acollendo a manifestación unitaria o vindeiro 3 de Marzo de 2019

manifesto galegas8m

A plataforma Galegas 8M, que aglutina a decenas de colectivos feministas, fixou a convocatoria de manifestación feminista unitaria para o domingo 3 de marzo de 2019 en Lugo. As organizadoras volverán a coordinar rutas de transporte colectivos dende diferentes localidades cara a Lugo. O propio 8 de marzo convocarase de novo a Folga de Mulleres […]

III Asemblea de Galegas8M cara ao #3m2019

Círculo Recreativo Cultural. Andar nº2 (Chantada)Sábado 2 de febreiro ás 10h O ritmo e a cabeza non paran!! Despois da frutífera xuntanza da Asemblea Xeral de Galegas8m o pasado decembro en Allariz, temos xa unha nova cita para continuar traballando na organización da manifestación unitaria do 3 de marzo en Lugo e tamén na Folga de Mulleres do propio #8m2019. Cos grupos […]

II xuntanza da Asemblea Galegas 8M para o #8m2019

Comezamos o 2019 con forza Engadimos novos colectivos a Galegas8m froito da reunión do pasado día 22…e convocamos nova xuntanza:  Concello de Allariz  Sábado 12 de Xaneiro  10:00 hrs. A reunión é aberta a todas as mulleres que quieran participar, así que animádevos, entre todas construiremos o #8m que queremos

#8m2019: comezamos a camiñar, 1ª xuntanza

Xa temos ubicación para a 1ª xuntanza de organización de Galegas 8M​ para o #8m2019:  Casa da Cultura de Cambre Sábado 22 de Decembro 10 a 13 hrs. (hora de finalización aproximada) A reunión é aberta a todas as mulleres que quieran participar, así que animádevos, entre todas construiremos o #8m que queremos Advertisements REPORT THIS AD […]